Cambre confeccionará unha base de datos de bandas, un auténtico mapa do talento local

23 Out 2023

O Concello planea elaborar unha base de datos de grupos locais. Así o confirma o edil de Cultura, David Saborido, que explica que xa se está traballando para dispoñer desta ferramenta. O concelleiro apunta que esta permitirá ao Concello contar cunha especie de “mapa do talento local” ou, o que é o mesmo, saber cantos artistas hai en activo no municipio: “Cambre ten unha enorme vinculación coa música e, por iso, cremos que a disposición dunha base de datos permitiranos ter unha idea realista do número de grupos que hai”.

Os grupos ou artistas interesados poderán facilitar os seus datos a través do correo electrónico cultura@cambre.org. No envío poderán remitir calquera información que consideren de interese sobre a agrupación: nome da banda, membros que a integran, xénero, biografía etc. Así mesmo, poderán remitir tamén diferentes vías de contacto.

Cando manden a información, facilitaráselles un formulario para cumprimentar co que se fará o rexistro municipal correspondente. Así mesmo, informaráselles dos servizos que teñen á súa disposición. Entre eles, as bandas poden utilizar os locais de ensaio da área de Xuventude, que poderán pedir ao longo de todo o ano.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.