Cambre conmemorará o mes de Loita contra o Cancro de Mama coa celebración dunha charla e talleres de sensibilización

5 Out 2022

  • A iniciativa partiu do ofrecemento de Carolina Pan, unha veciña do municipio, paciente oncolóxica e activista que emprega as súas redes sociais para falar desta enfermidade.

O Concello de Cambre organizará un programa completo para conmemorar o mes de Loita contra o Cancro de Mama. A iniciativa partiu, directamente, do ofrecemento de Carolina Pan, unha veciña do municipio, paciente oncolóxica e activista que emprega as súas redes sociais, precisamente, para falar desta enfermidade. O concelleiro de Educación e Sanidade, Miguel Ángel Gutiérrez, sinala “a importancia” que este tipo de propostas “teñen á hora de concienciar e informar á poboación” e agradece, ademais, “a vocación divulgadora de Carolina Pan, que se ofreceu a contar a súa experiencia persoal de forma totalmente desinteresada”.

 

A programación arrincará o vindeiro xoves, 13 de outubro, ás 20.00 horas no salón de plenos do Concello. Ese día, Carolina Pan dará a charla “Mirándolle aos ollos ao cancro”. Ao longo da mesma, contará as súas vivencias persoais co cancro desde o diagnóstico da enfermidade ata a actualidade. A intención, tal e como explica a relatora, “é que a miña historia sirva para sensibilizar aos mozos e maiores sobre o cancro”. Neste sentido, Pan apunta que, “aínda hai xente que non sabe moito sobre esta enfermidade e, moi especialmente, sobre o meu tumor triplo negativo, o máis agresivo”.

 

Ao día seguinte, o venres día 14, farase un taller de uso de panos (de 18.00 a 20.00 horas no centro sociocultural da Barcala). A iniciativa está aberta a toda a cidadanía e, durante a mesma, ensinarase ás persoas participantes a utilizar panos na cabeza de varias formas.

 

O sábado, día 15, haberá dobre actividade. O centro sociocultural A Barcala acollerá, ás 18.00 horas, un taller de preparación da pel no proceso oncolóxico a cargo de Cristina Fernández (de Aquacgraph e On cosmetics). A continuación, ás 19.00 horas, celebrarase un taller de maquillaxe con Sabela Dobarro.

 

Todas as propostas serán de acceso libre e estarán abertas a toda a cidadanía. As actividades contan coa colaboración da Asociación Española contra o Cancro de Mama, coa Asociación Cancro de Mama Triplo Negativo e coa de varias compañías, entre elas Agasallos A Estrada.

 

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.