Cambre conmemorará o 25N cunha serie de actividades diversas desde o venres 22

16 Nov 2024

Baixo o título “Cambre en Violeta todo o ano”, o Concello de Cambre presenta o seu programa de actividades para conmemorar o 25N, o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mujeres, que inclúe exposicións, teatro, actividades deportivas e a lectura dun manifesto.

A programación comezará o vindeiro venres 22, coa inauguración da exposición de pintura e fotografía “Mirada de muller”, que se levará a cabo ás 20:00 horas cunha intervención musical da compañía Disque Fan. A mostra conta con traballos de Cristina Rodríguez, María Antonia Leo, Paloma Díaz, Tess Blanco, Lucía Valeiras e Carolina Moreno, e estará na Casa da Cultura Vila Concepción ata o 13 de decembro.

As propostas continuarán o sábado 23, coa XI Andaina contra a violencia de xénero, organizada polo Consorcio das Mariñas, e que sairá ás 11:00 horas do pavillón polideportivo de Guísamo. Pola tarde, ás 19:00 horas, o Centro Sociocultural do Graxal acollerá a obra de teatro “Veredicto”, do grupo de teatro afeccionado Cambre Teatro Amador Camtheam.

No día central da programación, o luns 25, realizarase ás 12:00 horas, diante da Casa do Concello, a lectura do manifesto polo Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, na que participarán a concelleira de Servizos Sociais e Recursos Humanos, Landa Díaz, e dous alumnos dos IES David Buján e Afonso X O Sabio. Ademais, ás 19:30 horas o campo de fútbol Dani Mallo acollerá un partido con xogadoras do Sporting Cambre, Brexo-Lema S.D. e U.D. Carral.

Este conxunto de actividades estará complementado por dúas exposicións dixitais da Comisión para a investigación dos malos tratos a mulleres, tituladas “A adolescencia ante a violencia machista” e “Crecer con medo: nenos e nenas ante a violencia de xénero”, ambas dispoñibles ata o mes de xaneiro na web municipal. Pola súa banda, o IES Afonso X O Sabio contará entre xaneiro e febreiro cunha mostra da Rede de entidades locais contra a violencia de xénero, baixo o título “Á violencia de xénero dille non”.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.