Cambre conmemorará o Día Mundial contra o Cáncer cun programa completo de actividades

1 Feb 2023

Cambre conmemorará o Día Mundial contra o Cancro cunha xornada chea de actividades. Desta forma, o sábado, 4 de febreiro, haberá propostas ao longo de toda o día, incluíndo a lectura dun manifesto e charlas a cargo de expertos e pacientes desta enfermidade. Todo co obxectivo de visibilizar esta enfermidade e de concienciar á cidadanía.

A partir das 12.00 horas, a xunta local da Asociación Española contra o Cancro planea a realización dun lazo humano solidario no Campo da Feira. Así mesmo, a entidade procederá á lectura do manifesto, co que busca promover a unidade e a acción fronte a esta enfermidade.

Doutra banda, a partir das 19.00 horas, está prevista a celebración das charlas a cargo de expertos e pacientes. Esta iniciativa está organizada desde a Concellería de Educación e Sanidade en colaboración con Carolina Pan, veciña do municipio, paciente oncolóxica e activista que usa as súas redes sociais para falar sobre a enfermidade. A actividade levarase a cabo, de 19.00 a 22.00 horas, no salón de plenos do Concello.

O concelleiro de Educación e Sanidade, Miguel Ángel Gutiérrez, sinala que esta proposta “busca concienciar á cidadanía, proporcionándolles información sobre algúns de distintos tipos de cancro. Para iso, contaremos coa intervención de varios relatores do ámbito sanitario e tamén con pacientes oncolóxicos”. O edil agradece, de novo, a colaboración de Carolina Pan “e o seu interese por divulgar a súa experiencia e sensibilizar aos veciños e veciñas”, así como a todos os relatores que participarán nas charlas.

Na mesma liña, Carolina Pan sinala a “importancia” destas accións, que cualifica como “esenciais para que os veciños e veciñas teñan ao seu alcance máis información sobre esta enfermidade que afecta a miles de persoas”. Esta xornada terá para a cambresa un significado especial, non só porque poderá relatar ao público asistente o seu caso concreto como paciente de cancro de mama triplo negativo, senón tamén porque coorganiza a actividade lembrando á súa amiga Paula Botella, “que faleceu en novembro por un cancro de mama triplo negativo metastásico”.

A xornada busca funcionar como un debate no que o público poderá interactuar cos relatores que, a continuación, indícanse: a oncóloga do Hospital Universitario da Coruña, Begoña Graña, a directora da Fundación Naru e acompañante de pacientes oncolóxicos, Andrea Castromil, e Sole Candal, Nacho Cobián, Ariadna Amor, Tania Casal Fraga e Carolina Pan, que falarán sobre o seu día a día con esta enfermidade.

A maiores, o Paraugas do Temple e a igrexa de Santa María de Cambre iluminaranse de cor verde polo Día Mundial contra o Cancro as noites do 2 e o 3 de febreiro.

Todas as iniciativas están abertas á cidadanía e non se require inscrición previa. No caso do programa de charlas, o límite estará marcado polo aforo do salón de plenos.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.