Cambre continúa co seu Ciclo de Teatro de Outono coa representación de O refuxiado

13 Nov 2023

Cambre está a asinar un auténtico éxito co seu Ciclo de Teatro de Outono. Tanto é así, que o Concello encheu nas tres últimas representacións, tendo mesmo que habilitar unha lista de espera. Desde o seu inicio, no mes de outubro, representouse unha obra por semana, abarcando distintos xéneros e públicos. O centro sociocultural do Graxal acollerá este domingo, 19 de novembro (19.00 horas), O refuxiado, a penúltima función do programa.

A compañía Stracciatella teatro será a encargada de contar esta historia sobre un político que acepta o consello do seu audaz xefe de gabinete para resolver un xuízo por corrupción. A proposta, que se realiza a través da Rede Cultural da Deputación da Coruña, está pensada para público a partir de 16 anos.

Bravas, de Isabel Risco, será a actuación coa que se pechará o programa outonal. Trátase do segundo espectáculo unipersoal de Risco no que ofrecerá a súa particular visión da historia das mulleres galegas. Unha historia sempre roubada, escondida e invisibilizada. Será o 26 de novembro, ás 19.00 h, tamén no centro sociocultural do Graxal.

A entrada é gratuíta, pero as persoas interesadas deberán reservar as súas entradas a través do teléfono 881 917 432 ou do 649 891 212 o propio día do evento.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.