Cambre convértese no lenzo para os catro artistas participantes no VI Cromático Mural Fest

19 Xul 2023

Cambre volverá ser fonte de inspiración e lenzo para os catro artistas que participarán na próxima edición do Cromático Mural Fest. O alcalde, Óscar García Patiño, o concelleiro de Cultura, David Saborido, e o comisario, Arcadi Poch, presentaron, esta mañá, o programa da sexta edición do festival, que contará, como noutras ocasións, con muralistas de Galicia, doutros puntos de España e mesmo do estranxeiro, procedentes de Portugal e China.

A edición de 2022 incorporou unha importante novidade: a inclusión das parroquias na ecuación. Ante a boa acollida, o Concello decidiu redobrar a súa aposta, dispersando esta disciplina artística tanto nas zonas urbanas como nas rurais. En total, haberá catro muros e pintarase, así mesmo, un mural colaborativo na Barcala. A localización das paredes será a seguinte:

  • Estrada Cambre – O Temple nº. 3: a artista chinesa, Satr, será a encargada de poñer cor a este muro.
  • Casa do Pobo de Meixigo: o catalán, Tope Skinwalls, realizará unha auténtica tatuaxe que ocupará toda a fachada exterior do local.
  • Paseo dos Templarios nº. 10: a galega, Lida Cao, realizará unha obra na que a protagonista será unha das figuras máis importantes da historia de Cambre, María Pita.
  • Lugar de Castrobo nº. 6 (Sigrás): Ricardo Romero, natural de Portugal, realizará a obra nesta parroquia.

Durante a súa intervención, o rexedor lembrou o gran “éxito e relevancia internacional” que o festival adquiriu en 2022. Dous dos murais feitos o ano pasado, o Fendetestas de Mon Devane e Enraizado no presente de Huariu, posicionáronse na clasificación da plataforma global Street Art Cities: “estes dous nomeamentos son xa un motivo para sentirse orgulloso e para seguir apostando por esta cita artística e cultural”, explicou o alcalde. Na mesma liña, o edil de Cultura sinalou o privilexio que supón poder gozar desta “arte efémera”. Saborido comentou que nesta edición se contará con “artistas de renome e cunha representación igual de homes e mulleres”.

Programa completo

O programa deste ano incluirá varias actividades formativas. Por unha banda, realizarase unha masterclass de muralismo xeométrico a cargo de Spogo (entre o 24 e o 26 de xullo na urbanización A Barcala). Polo outro, Viviana Luccisano impartirá un taller de iniciación á arte urbana en casa Arrigada. Esta proposta terá lugar tamén entre o 24 e o 26 de xullo.

Na oferta destaca, así mesmo, o mural colaborativo. Nesta edición, a obra plasmarase na Barcala e estará coordinada polo autor Spogo. A iniciativa, que terá lugar entre o 27 e o 29 de xullo, está aberta a toda a cidadanía, que pode sumarse deixando o seu sinal artístico. O Cromático Mural Fest concluirá o venres, 28 de xullo, cunha visita guiada aos murais (19.00 horas).

As persoas interesadas en anotarse nalgunha destas actividades poderán facelo a través da páxina web omix.cambre.es.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.