O Concello de Cambre conmemorará este mércores, 25 de novembro, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres coa lectura dun manifesto. O acto terá lugar ás 12:00 horas diante da Casa do Concello. En caso de choiva, poderá trasladarse ao salón de plenos.
Desde o Concello anímase á veciñanza a participar nesta convocatoria para expresar o rexeitamento á violencia machista e reafirmar o compromiso colectivo coa igualdade e cunha sociedade na que todas as mulleres poidan vivir libres de violencia.