Cambre convoca un proceso selectivo para cubrir trece prazas de Policía Local

4 Dec 2024

Hoxe publícase no Boletín Oficial da Provincia (BOP) a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para a provisión en comisión de servizos de trece prazas vacantes na Policía Local. Este proceso ten como obxectivo reforzar a estrutura de seguridade municipal ata a provisión definitiva das prazas.

As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes no rexistro electrónico xeral do Concello de Cambre nun prazo de sete días contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no BOP. Este anuncio será tamén publicado na páxina web municipal e nos taboleiros de anuncios do Concello.

Para poder participar os aspirantes deberán ter a condición de persoal funcionario de carreira pertencente á escala básica, categoría de Policía Local, subgrupo C1. Tamén debe atoparse en situación de servizo activo.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes, aprobarase a lista provisional de admitidos e excluídos, que será publicada nos taboleiros e a páxina web municipal. Unha vez neste punto, concederanse dous días para facer reclamacións. De non habelas, ditarase a resolución declarando a lista como definitiva.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.