Cambre dá o pistoletazo de saída ao programa Ler conta moito cunha decena de actividades nas bibliotecas

8 Set 2022

Cambre vivirá, a próxima semana, o pistoletazo de saída do programa Ler conta moito, que incluirá a realización dunha decena de actividades de promoción e animación á lectura nas bibliotecas: Biblioteca Central, Os Templarios e Xabier P.Docampo. A programación prolongarase entre os meses de setembro e outubro e, con ela, buscarase fomentar a lectura e o uso dos servizos da rede de bibliotecas públicas entre o público infantil. A primeira actividade celebrarase o vindeiro xoves, 15 de setembro ás 17.30 horas, na biblioteca Os Templarios. Ese día, Raquel Galavís aterrará co seu espectáculo ‘O Principiño en Madagascar’, para nenos e nenas de entre 6 e 12 anos. Ao día seguinte, 16 de setembro ás 17.30 horas, terá lugar ‘Os contos de Pablísimo’ (a partir de 4 anos) na biblioteca Xabier P. Docampo. O programa Ler conta moito está promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia en colaboración coas bibliotecas de Cambre. O obxectivo principal desta iniciativa non é outro que facilitar o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e colectivo, valorando o papel do libro e o da lectura como elemento de transmisión do coñecemento e a reflexión para o conxunto da poboación. Programa Ler conta moito

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.