Cambre dará a coñecer o traballo artístico dunha quincena de nenos de entre 4 e 14 anos coa exposición PekeArtistas

18 Xuñ 2024

O Concello inaugurará este xoves, 20 de xuño, a exposición PekeArtistas. A mostra, conformada por unha vintena de obras, é o resultado do traballo de 15 nenos que participaron, ao longo do curso, nas clases de pintura da Asociación Cultural Santa María de O Temple. A súa profesora, Carmen Quiñoá Rodríguez, incide en que se trata da “primera exposición de todos los pequeños, que tienen edades comprendidas entre los 4 y los 14 años”. A inauguración será en Vila Concepción, ás 19.00 horas, e poderá visitarse ata o 8 de xullo.

A mostra reúne unha vintena de traballos realizados nas propias sesións de pintura e con temáticas moi diversas. Tal e como explica a mestra, “hay niños muy pequeños para los que este ha sido su primer acercamiento a la pintura, por lo que las personas verán algunas obras más abstractas, pero también otras muchas reconocibles y que incluso destacan por su técnica y colorido”.

A colección incluirá unha reprodución do Partenón de Atenas realizado por unha nena que viaxou recentemente á capital. Así mesmo, o público atopará un lenzo da Mariña da Coruña ou un bodegón con copas que leva a firma dun neno de Cambre, entre outras creacións. En canto á técnica, os artistas empregaron acuarela e pintura acrílica para materializar os seus traballos.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.