Cambre dará a coñecer os seus atractivos turísticos na feira Primavera no Camiño Inglés 

8 Xuñ 2023

O Concello promocionará os seus principais atractivos turísticos na feira Primavera no Camiño Inglés deste sábado, 10 de xuño. A cita levarase a cabo no encoro de Beche e nela, Cambre contará cun expositor propio no que dará a coñecer algúns dos recursos turísticos máis importantes do municipio.

O Concello elaborou un vídeo turístico con imaxes da igrexa de Santa María de Cambre, do paseo do río Mero, o Museo Arqueolóxico, a ría do Burgo – O Temple e o encoro de Cecebre, entre outros lugares. A maiores, levará material promocional como dípticos, libros e camisetas para dar a coñecer algúns dos principais reclamos turísticos e os eventos culturais que se celebrarán, este verán, en Cambre: a romaría castrexo-romana Galaicoi, o Rock in Cambre e o Cromático Mural Fest.

Ademais da disposición da caseta, Cambre contará cunha actividade propia dirixida pola empresa Acastrexa, asentada no municipio. En concreto, a proposta consistirá nun taller sensorial de bebidas da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. A actividade terá lugar entre as 12.00 e as 13.00 horas. Outra das empresas do concello que estará presente na Primavera no Camiño Inglés será Lenatt, unha compañía especializada en cremas e que conta co selo do CRAEGA.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.