Cambre despide a VII Open Science coa entrega de premios ás novas promesas da ciencia

22 Set 2024

O Concello e a Asociación XentD100 despediron, esta mañá, a VII Open Science. Fixérono coa entrega de galardóns cos que se recoñeceu ás novas promesas da ciencia, procedentes tanto de Galicia como doutros puntos de España e mesmo do estranxeiro.

A entrega correu a cargo da alcaldesa, María Pan Lesta, e do concelleiro de Economía, Facenda, Innovación Tecnolóxica e Seguridade Cidadá, Daniel Mallo. Durante a súa intervención, a rexedora felicitou a todos os galardoados, aos que animou a seguir “aprendendo e participando neste tipo de iniciativas”. Pan Lesta aproveitou a ocasión para agradecer o traballo e esforzo “amosado polo medio centenar de voluntarios e voluntarias da Open, así como polas codirectoras, Aroa e Paula, sen cuxo traballo non se podería facer a feira”.

Nesta edición, entregáronse numerosos premios dirixidos ao alumnado de primaria, secundaria e bacharelato e, ademais, aos proxectos que cumprían con algún dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.