Cambre desvelará os segredos mellor gardados da arte a través dun ciclo de conferencias impartido por Juan Massana

23 Abr 2024

Segredos e detalles da arte que, ao longo da historia, permaneceron ocultos. Ese é o fío condutor co que se idea Segredos detrás dun cadro, un ciclo de seminarios organizado polo Concello e que estará impartido polo pintor, profesor, poeta e veciño de Cambre Juan Massana. A iniciativa comezará o 30 de abril cun primeiro relatorio e prolongarase ata o 20 de maio. En total, celebraranse catro charlas e en cada unha abordarase unha cuestión distinta, aínda que todas elas manterán a cara oculta da arte como tema central.

O concelleiro, David Saborido, explica que esta iniciativa poñerase en marcha en vista “do gran interese amosado pola veciñanza con respecto ao programa Historias detrás dun cadro e á charla sobre Teoría e usos da cor impartida tamén por Juan Massana”.

O primeiro día (martes, 30 de abril), o ciclo inaugurarase con Grandes falsificadores. Os Guiness da falsificación. Unha semana despois, o día 7 de maio, Massana impartirá As vacacións da Gioconda. O martes, 14 de maio, o pintor falará sobre unha das obras de arte máis importantes de Miguel Ángel, a Capela Sixtina. Segredos detrás dun cadro pecharase co relatorio As pinceladas máis escuras de Picasso o luns, 20 de maio.

Todos os relatorios serán na Casa da Cultura Vila Concepción ás 19.30 horas. A entrada é gratuíta, pero as prazas son limitadas. Así, as persoas interesadas deberán inscribirse en cada charla de forma individual chamando ao teléfono 981 61 31 93.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.