Cambre e Bulgaria estreitan lazos da man dun proxecto Erasmus+ no que participa o David Buján

11 Out 2024

A alcaldesa, María Pan, e o concelleiro da Axencia de Desenvolvemento Local, Patrimonio e Turismo, Ramón Boga, recibiron esta semana a unha trintena de estudantes do IES David Buján e dun instituto de Bulgaria que están a tomar parte no proxecto ‘Healthy living together’. Trátase dunha nova experiencia de intercambio Erasmus+ coa que se busca promover a convivencia nos centros de ensino.

Os 12 estudantes búlgaros chegaron o pasado sábado a Cambre e estarán no municipio ata mañá sábado, 12 de outubro. Ao longo destes días no instituto cambrés déronlles a coñecer a súa liña de traballo en canto á resolución de conflitos, así como os equipos de mediación dos que dispoñen e o tipo de actividades que celebran para promover unha boa convivencia entre os membros da comunidade educativa. Esta experiencia completarase no mes de abril, cando os mozos e mozas do David Buján viaxarán ao país búlgaro.

Durante a recepción, a rexedora deulles a benvida aos mozos, aos que se lles brindou unha explicación dos eventos e celebracións principais do municipio: o Entroido Pequeno Máis Grande do Mundo, a Galaicoi, o Rock in Cambre e a Open Science. Durante a súa intervención, a alcaldesa valorou estas citas como “parte da nosa esencia como municipio e tamén como motor da unión entre a veciñanza, desa convivencia que é a temática central deste intercambio”.

 

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.