Cambre encara o segundo día de Galaicoi sen un claro vencedor na guerra entre castrexos e romanos

20 Xul 2024

A batalla entre os castrexos e os romanos, os dous bandos enfrontados na VII Galaicoi, parece non ter fin. Pasou xa un día desde o inicio das hostilidades entre ambas as faccións, pero, ata o de agora, ningunha se posicionou como clara vencedora da contenda. Ao longo do día está prevista unha escaramuza e o asedio e asalto ao castro.

A maiores, as persoas que se acheguen ata Cambre ao longo do día poderán gozar dun mercado galaico-romano composto por preto de 50 postos, talleres de oficios tradicionais, música e teatro da man da compañía Noite Bohemia.

Batalla final

Cambre acollerá mañá, domingo 21 de xullo, a batalla final entre ambos os bandos. Esta terá lugar ás 19.00 horas e ás 19.45 horas levará a cabo a firma da paz.

Tamén che pode interesar

Entroido Pequeno 2026

O Entroido Pequeno 2026 celebrarase en Cambre o sábado 21 de febreiro O Concello de Cambre celebrará o Entroido...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.