O concelleiro de Educación e Sanidade, Miguel Ángel Gutiérrez, confirma a aposta do goberno local por “seguir promovendo actividades que faciliten a conciliación da vida laboral e familiar dos veciños”. Trátase dun obxectivo que o Concello cumpre a través da organización dos campamentos de verán, así como do programa de talleres de Nadal, entre outros.
Ademais das propias actividades, as persoas interesadas poderán solicitar atención aos e as participantes á primeira hora, servizo de almorzo, comida e transporte. Desta forma, se hai demanda, os nenos e nenas poderían estar atendidos desde as 7.30 ata as 16.30 horas. As actividades lúdico-deportivas e culturais realizaranse entre as 9.30 e as 13.30 horas e estarán relacionadas coa Semana Santa.
O período de inscrición estará aberto entre o luns, 6 de marzo, e o día 13. A documentación poderá presentarse por vía telemática a través da sede electrónica ou en calquera dos rexistros de entrada (solicitando, para iso, cita previa).
Información xeral obradoiros Semana Santa