Cambre iniciará a mediados de outubro o seu programa de actividades socioculturais de proximidade

24 Set 2024

O novo curso escolar 2024/2025 chega co inicio da oferta de actividades socioculturais de proximidade, unha iniciativa coa que o goberno local busca achegar ás parroquias distintas propostas de lecer para os veciños. As actividades arrincarán o 14 de outubro e terminarán o 31 de maio de 2025, excepto as de manexo de móbil e tablet, que teñen unha duración específica. As persoas interesadas poderán anotarse desde mañá, mércores 25 de setembro, ata o 4 de outubro. Para iso, deberán cumprimentar o formulario de inscrición dispoñible na páxina web municipal e entregalo nos rexistros municipais ou a través da sede electrónica.

A oferta municipal do curso 2024/2025 inclúe as seguintes propostas:

  • Reforzo de memoria: dispoñible na urbanización A Barcala, en Anceis, en Brexo-Lema, Bribes, Cambre, Cela, Meixigo e O Temple. Neste último caso, ofreceranse sesións dous días á semana debido á alta demanda.
  • Manualidades: na Barcala, Anceis e O Temple.
  • Pintura: en O Temple (dous grupos á semana
  • Sevillanas: en O Temple
  • Informática básica: na Barcala e O Temple
  • Manexo de móbil e tablet: en Brexo Lema, Sigrás, Pravio, Meixigo, Cecebre e Cela.
  • Patchwork: urbanización A Barcala
  • Costura e confección: na Barcala
  • Cestería: en Cambre

Para poder realizarse, as actividades deberán ter un número mínimo de persoas rexistradas. No caso de que o número de solicitudes supere o de prazas, levará a cabo un sorteo público o mércores, 9 de outubro. As inscricións continuarán abertas sempre que queden prazas vacantes, adxudicándose por orde de entrada.

Ficha inscrición actividades socioculturais 2024/2025

Información actividades socioculturais 2024/2025

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.