Cambre lanza unha nova edición do programa de conciliación Xogando no Nadal

3 Dec 2024

O Concello de Cambre pon en marcha un ano máis o programa Xogando no Nadal, que se desenvolverá neste período vacacional do Nadal e conta con 168 prazas. A iniciativa, que reforza a aposta do goberno local pola conciliación, está dirixida ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil, de todos os cursos de Primaria, e de 1º de ESO.

O programa de conciliación desenvolverase no CEIP Wenceslao Fernández Flórez de Cambre, con dúas quendas de participación. Deste xeito, o primeiro terá lugar os días 23, 24, 26 e 27 de decembro, mentres que o segundo inclúe os días 30 e 31 de decembro e o 2, 3, e 7 de xaneiro. Neste sentido, as familias poderán optar por inscribir aos seus fillos e fillas nunha ou nas dúas quendas.

Do mesmo xeito que en edicións anteriores, as nenas e nenos participantes realizarán diversas actividades lúdicas, deportivas e culturais relacionadas co Nadal, que estarán complementadas por outros servizos como Mañanceiro, almorzo, comida e transporte, no caso de que conten cun número mínimo de inscricións.

As familias interesadas poderán presentar as súas solicitudes a partir de mañá, mércores 4, e ata o próximo 11 de decembro, ambos os incluídos, a través da Sede electrónica ou dos rexistros municipais. Contarán con prioridade os nenos e nenas empadroadas en Cambre, así como as nais, pais ou titores legais que traballen no municipio.

 

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.