Cambre licita a instalación das luces de Nadal, cuxa tramitación sufriu atrasos por diferenzas de criterio entre departamentos

30 Nov 2023

A xunta de goberno local aprobou, esta mañá, o expediente de contratación da subministración de iluminación de Nadal. O servizo sae a licitación cun valor estimado de 48.294,69 euros, e tramitarase con carácter urxente para procurar que as luces estean colocadas e en funcionamento o 22 de decembro. Con respecto a outros anos, o contrato sufriu un importante atraso debido a unha serie de diferenzas de criterio entre os distintos departamentos municipais.

Desta forma, a aprobación do expediente de contratación estivo precedida de varias disparidades entre o persoal de varias áreas. Desde o departamento de Servizos asinouse a memoria xustificativa e delegouse a contratación o pasado 10 de agosto. Un mes despois, o 11 de setembro, Contratación informou estes pregos de forma desfavorable, obrigando ao persoal técnico a reformular o traballo inicial. Tras adoptarse os cambios pertinentes, os novos documentos foron remitidos ao departamento o 24 de outubro e recibiron, unha vez máis, informe desfavorable por parte de Contratación (26 de outubro de 2023).

Entre as diversas obxeccións, apuntábase que o prego de prescricións técnicas non reflectía “as condicións de estética e deseño que debe cumprir o alumeado”. Pola súa banda, desde o departamento de Servizos indicouse que a concreción destas condicións de estética e deseño é un criterio “altamente subxectivo” e que, por tanto, podería conlevar a non respectar os principios que deben rexer a contratación pública “de igualdade de trato entre os licitadores e non discriminación”.

A iluminación do Nadal deste ano estará composta por arcos, elementos decorativos para farois, árbores, fíos luminosos, rótulos e motivos 3D como os que se colocaron no 2022. A previsión é que o aceso poida levarse a cabo, aproximadamente, o 22 de decembro.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.