Cambre oferta preto de 300 prazas para participar na súa Escola de Actividades Físicas e Saúde

1 Dec 2023

Cambre lanzará, proximamente, unha nova edición da súa escola de Actividades Físicas e Saúde. O Concello oferta preto de 300 prazas que estarán distribuidas entre as distintas actividades do programa. O prazo de inscrición estará aberto desde o luns, 4 de decembro, ata o día 15, e as actividades levaranse a cabo entre os meses de xaneiro e decembro de 2024 (salvo en xullo e agosto).

A nova convocatoria incluirá as seguintes propostas:

  • Ioga: luns e mércores de 18.45 a 19.45 horas no ximnasio Óliver Díaz Docando.
  • Taichi: martes e xoves de 20.30 a 21.30 horas no ximnasio Óliver Díaz Docando.
  • Relaxación O Graxal: luns e mércores de 19.00 a 20.00 horas no centro sociocultural O Graxal.
  • Relaxación A Barcala: martes e xoves de 19.00 a 20.00 horas no centro sociocultural A Barcala.
  • Ximnasia de mantenemento de Cambre: luns, mércores e venres de 18.15 a 19.15 horas no pavillón Sofía Toro.
  • Ximnasia de mantenimiento Brexo: luns, mércores e vernes de 19.30 a 20.30 horas no polideportivo Bernardo Bish.
  • Ximnasia de mantenemento O Temple: luns, mércores e venres de 21.00 a 22.00 horas no polideportivo do Temple.
  • Ximnasia de mantenemento Os Campóns: luns, mércores e venres de 19.30 horas a 20.30 horas no pavillón Os Campóns.
  • Ximnasia de mantenemento para a 3ª idade O Temple: luns e mércores de 11.00 a 12.00 horas no centro da 3ª idade do Temple.
  • Ximnasia de mantemento para a 3ª idade Cecebre: martes e xoves de 17.30 a 18.30 horas no local social de Lendoiro.
  • Ximnasia de mantemento para a 3ª idade de Meixigo: martes e xoves de 11.00 a 12.00 horas na Casa do Pobo.
  • Ximnasia de mantemento para a 3ª idade de Santa María de Vigo: luns e mércores de 17.15 a 18.15 horas no centro da 3ª idade de Santa María de Vigo.

O Concello establece un número mínimo e máximo de persoas inscritas. As propostas que reúnan o mínimo de inscricións comenzarán a partir do 8 de xaneiro de 2024. En todo caso, o Concello manterá aberta a inscrición ás Escolas durante todo o ano.

O período de inscrición estará aberto ata o 15 de decembro. As solicitudes poderán tramitarse nos rexistros do Concello ou a través da sede electrónica.

Programa de actividades deportivas 23 24

Solicitude de inscricións

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.