Cambre ofreceu medio centenar de programas formativos a través da ADL nos últimos anos

10 Out 2022

A Axencia de Desenvolvemento Local de Cambre ofreceu, desde o 2015, medio centenar de cursos financiados polo Concello a través do seu plan municipal de formación. Así o confirma o concelleiro de Desenvolvemento Socioeconómico, Diego Alcantarilla, que reafirma o compromiso do goberno local “por continuar poñendo en marcha accións e programas a través do plan municipal de formación e que estean adaptados ás demandas do mercado laboral e ás necesidades que nos transmiten as propias persoas participantes”.

Tendo en conta os datos da ADL, no 2015 realizáronse sete cursos. Ao ano seguinte, a cifra alcanzou os dez, e no 2017 foron seis os que levaron a cabo. No 2018, a Xunta de Galicia limitou o máximo de horas ao día para impartir as sesións formativas, alongándoas e facéndoas coincidir co curso escolar. A modificación aplicada polo organismo autonómico na súa programación propia limitou a oferta municipal tanto no 2018 como 2019, cando Cambre celebrou dous cursos (un por ano).

A prevención de riscos laborais, a procura de emprego, a informática, as competencias clave, manipulación de alimentos e a pilotaxe de drons foron algunhas das temáticas centrais destas accións.

Emerxencia sanitaria

O número de propostas viuse incrementado coa irrupción da crise sanitaria. Tanto é así, que en 2020 e 2021 o Concello impartiu 25 dos 50 cursos contabilizados desde o 2015. Desta forma, a través do Cambre Dixital-Empresas e do Cambre Dixital-Emprego, o Concello impulsou programas para estimular a adaptación dos empresarios, emprendedores, traballadores de empresas do municipio e persoas en situación de desemprego á nova situación socioeconómica marcada pola emerxencia sanitaria.

Neste caso, as iniciativas estiveron centradas no uso das novas tecnoloxías e na transformación dixital como catalizadoras para xerar oportunidades de negocio e para promover a procura de emprego. Ademais da formación puramente teórica, as persoas participantes puideron acceder, ademais, a titorías individuais co equipo docente.

 

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.