Cambre organiza un concerto de boleros e ritmos cubanos dedicado aos máis maiores do municipio

27 Set 2024

Como parte do programa municipal de Envellecemento activo de Servizos Sociais, o Concello celebrará o vindeiro sábado, 5 de outubro, un concerto dedicado aos máis maiores. A actuación leva o título de Grazas á vida e busca servir de homenaxe aos veciños e veciñas de máis idade.

Raquel Capote, á voz, e César Páez, á guitarra, serán os encargados de poñer o toque musical á cita, interpretando unha serie de boleros clásicos e outros ritmos da música cubana que o público recoñecerá facilmente.
A actuación será o 5 de outubro, ás 17.00 horas, no teatro do Parque da Igrexa. En caso de previsión meteorolóxica adversa, informarase do cambio de localización.

A concelleira de Servizos Sociais e Recursos Humanos, Landa Díaz, explica que esta actividade mantén os mesmos obxectivos que outras accións dentro do programa de Envellecemento activo: “a idea é que os nosos maiores poidan ter alternativas de lecer divertidas e coas que poidan, ademais, manterse activos”.

 

 

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.