O Concello organiza un curso sobre Sistemas Microinformáticos (IFCT0209) a través do Plan Formativo para o Emprego 2023-2024. As persoas que conclúan a formación recibirán un certificado de profesionalidade de nivel 2 e terán, ademais, a posibilidade de realizar prácticas en empresas. O curso conta co financiamento da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.
Ao longo do programa, de 618 horas, os participantes abordarán os seguintes contidos: instalación e configuración de sistemas operativos, implantación de elementos da rede local, instalación e configuración de aplicacións informáticas e aplicacións ofimáticas.
A formación inclúe certificado de profesionalidade, prácticas en empresas, axudas económicas de asistencia e módulos convalidables aos do ciclo medio de formación profesional.
As persoas interesadas deberán ter titulación mínima de Educación Secundaria Obrigatoria ou equivalente. Terán preferencia aquelas que se atopen en situación de desemprego e que estean rexistradas nas Oficinas de Emprego.
O curso comezaría en novembro e realizaríase no Centro Municipal de Formación do Espírito Santo en horario de 9.00 a 14.00 horas. As inscricións poderán tramitarse a través do teléfono 981 61 31 96 ou enviando un correo a adl@cambre.org.