Cambre organizará novas visitas nocturnas á igrexa de Santa María ante o enorme interese veciñal

14 Nov 2023

O Concello recibiu, en poucos días, máis dun centenar de solicitudes para participar na visita nocturna á igrexa de Santa María do próximo mércores, 22 de novembro. A actividade contará con 90 participantes e hai outras 50 persoas en lista de agarda. Ante este enorme interese, o edil de Turismo e Patrimonio, Ramón Boga, avanza que se levarán a cabo máis sesións: “queremos que estas actividades sexan instrutivas e de calidade, algo que non podemos facer cunha gran multitude. Por iso, decidimos facer un listado de agarda e organizar máis sesións para que todas as persoas que o desexen poidan coñecer a igrexa cunha mirada distinta”.

A proposta está enmarcada dentro do programa As Noites do Museo e, con ela, búscase “desvelar os segredos dun dos maiores tesouros do noso municipio”, apunta Boga. Unha das maiores particularidades da visita será, precisamente, “que se levará a cabo de noite para que as persoas que asistan poidan centrar a súa mirada en detalles da igrexa que poden pasar desapercibidos no día a día”.

O edil incide en que se está traballando xa para fixar as próximas sesións, nas que se seguirá a mesma dinámica: para que os asistentes poidan guiar a mirada en cada elemento desta construción, utilizarase un foco de luz. Coa iluminación, o concelleiro axudará aos visitantes a dirixir a vista a cada elemento arquitectónico.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.