Cambre participará no 2º Encontro Estatal de Cooperación Internacional para avanzar no cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

7 Feb 2023

Cambre será uns dos concellos que participarán no 2º Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional que se celebrará os días 7 e 8 de febreiro na cidade de Lugo e que busca a consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible. O obxectivo desta iniciativa, cuxa sesión inaugural será este martes 7 ás 16:00 horas no Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), é dar máis visibilidade ao traballo e esforzo realizado polas administracións locais, deputacións, mancomunidades e redes municipais destacando, á súa vez, o seu papel para conseguir un mundo máis xusto e igualitario. O evento, promovido pola Confederación de Fondos de Cooperación e Solidariedade, a Federación Española de Municipios e Provincias e o Fondo Galego, centrarase no impacto da cooperación municipalista dos países do Sur, a implementación da Axenda 2030 a nivel local ou o novo marco legal que afecta as administracións locais neste ámbito. O programa tamén inclúe debates sobre as novas estratexias na educación para a cidadanía global e sobre a cooperación técnica realizada polo persoal municipal. O Concello asistirá a este encontro non só como participante senón como socio, destacando a importancia de ser partícipes deste evento xa que “as administracións locais somos as máis próximas á cidadanía e desde este punto podemos recoller outro tipo de experiencias e deseñar accións máis enfocadas á xente de a pé”.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.