Cambre pon en marcha a XVI edición do Concurso de Escaparates para apoiar ao tecido comercial na época do Nadal

9 Dec 2024

O Concello de Cambre, tal e como vén facendo nos últimos anos, pon en marcha diversas medidas e iniciativas que reafirman o seu compromiso co tecido comercial e hostaleiro do municipio. Polo tanto, o executivo local poñerá en marcha a XVI edición do Concurso de Escapatates de Nadal, unha das propostas para dinamizar ambos os sectores.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Patrimonio e Turismo, Ramón Boga, explica que “consideramos necesario seguir coas medidas dirixidas a incentivar as compras e o consumo local nos negocios de Cambre”.

O edil lembra que nas últimas edicións veñen participando ao redor de 40 establecementos do municipio “aos que queremos agradecer ou esforzo, a dedicación e a ilusión que poñen ano tras ano neste concurso, esperando contar cun número similar de participantes nesta edición”.

Neste certame poderán participar comercios, locais e/ou negocios de hostalería e establecementos de servizos que desenvolvan a súa actividade económica no noso termo municipal e teñan un establecemento aberto ao público e un escaparate decorado con motivos do Nadal durante o período comprendido entre o 17 de decembro e o 6 de xaneiro de 2025. Os establecementos estarán identificados cun cartel que deberá colocarse nun lugar visible na vidreira.

Un xurado encargarase de examinar as decoracións dos locais participantes e de determinar cales son os gañadores da competición, facendo entrega de diferentes premios aos establecementos que obteñan unha mellor valoración, cunha dotación conxunta de 4.000 euros.

Así, o primeiro premio será de 1.000 euros, o segundo de 800 e o terceiro de 600 euros. Ademais, entregaranse os seguintes accésits:

– Accésit ao máis sostible: 500 euros

– Accésit á adecuación ao produto: 500 euros

Mantense o premio por votación popular, dotado de 600 euros.

Como novidade máis significativa, e coa finalidade de simplificar a dinámica do concurso, este ano requirirase soamente achegar unha fotografía do escaparate.

Os negocios interesados poden apuntarse desde o día 1 de decembro ata o 16 de decembro de 2024, ambos incluídos. Para facelo, poderán presentar as súas solicitudes de forma telemática ou presencialmente no rexistro do Concello de Cambre.

Toda a información sobre o desenvolvemento do concurso pode seguirse na web do concurso: http://concursoescaparates.cambre.gal/

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.