Cambre prepárase para o Rock Infantil, a cita para achegar este xénero ás novas xeracións

7 Ago 2023

Tras o éxito da primeira edición, Cambre acollerá este venres, 11 de agosto, o Rock Infantil, unha cita musical coa que o Concello busca transmitir aos máis novos a devoción por este xénero. A cita, enmarcada dentro do programa do Rock in Cambre, contará coas actuacións de Uxía Lambona e a Banda Molona, de Mamá Cabra (Gloria Mosquera e Diego Maceiras) e da Banda Xuvenil Sementeira Cambre. A isto hai que sumar, ademais, a intervención dos alumnos e alumnas de Oratoria do IES Afonso X O Sabio, que se encargarán de conducir o evento.

O concelleiro de Cultura, David Saborido, confía en igualar ou mesmo mellorar “as cifras de asistencia do ano pasado, cando centos e centos de familias se achegaron ao Parque da Igrexa para participar na primeira edición”. O edil sinala que o obxectivo do Rock Infantil é inculcar “aos pequenos e pequenas a paixón que os cambreses e cambresas sentimos polo rock”.

O Rock Infantil comezará o venres, a partir das 18.30 horas. Ao longo da tarde, as familias poderán gozar da música de Uxía Lambona e a Banda Molona, Mamá Cabra (Gloria Mosquera e Diego Maceiras) e a Banda Xuvenil Sementeira Cambre. A maiores, Lola, Jamid e Bautista, do IES Afonso X O Sabio, asumirán o rol como presentadores do evento.

As familias con nenos ou nenas con problemas de audición poderán solicitar cascos especiais antes das actuacións. O Concello entregará aos pequenos e pequenas unha bandana especial do Rock Infantil.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.