Cambre, punto de encontro cultural nun novo intercambio lingüístico do IES David Buján

5 Dec 2024

A alcaldesa de Cambre, María Pan, recibiu no salón de plenos da Casa do concello a un grupo de nove estudantes do Liceum Ogólnokształcące im. P. Michałowskiego de Cracovia (Polonia), que durante esta semana vivirán múltiples experiencias grazas a un intercambio lingüístico Erasmus+ co IES David Buján.

O grupo de estudantes polacos, de 17 anos, está acompañado da profesora coordinadora desta experiencia, especialista en español e francés. O alumnado, aínda que non na súa totalidade, estuda español como segunda lingua estranxeira. Os seus correspondentes españois, da mesma idade, están actualmente estudando 2º de bacharelato.

Pan Lesta recibiu ao grupo e fixo unha breve explicación na que destacou os eventos característicos do municipio, como o Entroido Pequeno Máis Grande do Mundo, a Galaicoi, a OpenScience ou o festival Rock in Cambre. Ademais, tamén lles presentou os principais atractivos do municipio, como a Igrexa románica de Santa María de Cambre, o paseo fluvial ou o tramo do Camiño Inglés que pasa por Cambre.

Este roteiro xacobeo é, precisamente, un dos eixos temáticos do intercambio. O alumnado fará unha parte do Camiño Inglés e unha visita a Santiago de Compostela, onde poderán coñecer de primeira man a historia e tradicións da capital galega.

Ao rematar o encontro nas instalacións municipais, gozaron dunha visita guiada ao Xacemento Romano do Museo de Cambre e á Igrexa.

Este tipo de iniciativas non só fomentan a aprendizaxe académica, senón que tamén reforza valores como a convivencia, o respecto ou a amizade.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.