Cambre recibe preto de 400 inscricións no seu programa de actividades socioculturais

14 Out 2024

Cambre recibiu unhas 400 solicitudes para a nova edición do programa de actividades socioculturais, asinando un novo éxito en cifras de inscrición. Das 26 propostas ofertadas, en 16 delas non só se cubriu o número máximo de participantes, senón que tamén se habilitou lista de espera. A maioría de sesións arrincarán ao longo desta semana, excepto a de sevillanas, cuxo inicio será o vindeiro luns, 21 de outubro, e as de manexo de móbil e tablet, que contan cunha duración específica.

O concelleiro de Cultura, Deportes e Xuventude, Óscar Barrientos Morales, e a edil de Desenvolvemento Asociativo, María Carmen Pan Matos, visitaron, esta mañá, a aula de informática da Barcala, onde unha vintena de persoas recibiron, hoxe, a primeira clase do novo curso.

A oferta do Concello prolongarase ata o 31 de maio de 2025. Dentro da proposta inclúese reforzo de memoria, manualidades, pintura, sevillanas, informática básica, manexo de móbil e tablet, patchwork, costura e confección e cestería.

As sesións realízanse tanto en Cambre como na Barcala e O Temple, pero tamén o resto de parroquias cun obxectivo: contar cunha proposta con iniciativas de lecer para veciños de todas as idades.

Tamén che pode interesar

Entroido Pequeno 2026

O Entroido Pequeno 2026 celebrarase en Cambre o sábado 21 de febreiro O Concello de Cambre celebrará o Entroido...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.