Cambre reforza a implantación do contedor marrón con novos puntos de recollida de tarxetas

20 Feb 2026

O novo colector orgánico incorpora control de apertura para garantir unha fracción orgánica de maior calidade e reducir impropios

Cambre continúa avanzando na mellora da xestión dos biorresiduos coa implantación progresiva do contedor marrón nos municipios consorciados. Este novo colector orgánico conta cun sistema de control de apertura mediante tarxeta, unha medida que permite evitar impropios e asegurar unha fracción orgánica de calidade, fundamental para a correcta compostaxe e valorización do residuo.

Co obxectivo de facilitar a participación da veciñanza, habilitáronse diferentes puntos de provisión nos concellos para que as persoas que aínda non dispoñan da súa tarxeta poidan recollela de maneira sinxela e gratuíta.

Se os colectores da túa zona contan con pechadura con tarxeta, achégate ao punto de recollida para solicitala!

Puntos de recollida de tarxetas:

Servizos sociais (A Barcala)

Luns, mércores e venres, de 12:00 a 14:00

Servizos Múltiples O Temple

Luns, mércores e venres, de 8:30 a 11:00

Martes e xoves, de 9:00 a 14:00

A correcta separación da materia orgánica é clave para avanzar cara a un modelo de economía circular máis eficiente, reducindo o volume de residuos destinados a vertedoiro e transformando os restos orgánicos en recursos útiles.

As persoas interesadas poden atopar toda a información actualizada na páxina web do Consorcio: https://www.consorcioam.org/gl/ ou inscribirse directamente en https://consorcioam.rsu.gal. Tamén poden contactar a través do teléfono 981 784 704 ou do correo electrónico info@consorcioam.org.

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia e o financiamento do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Next Generation EU, e forma parte da aposta do Consorcio As Mariñas por un modelo de xestión sostible e de proximidade, implicando á cidadanía na redución e valorización dos seus propios residuos.

Tamén che pode interesar

Entroido Pequeno 2026

O Entroido Pequeno 2026 celebrarase en Cambre o sábado 21 de febreiro O Concello de Cambre celebrará o Entroido...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.