Cambre repetirá como capital do Carnaval co seu Entroido Pequeno Máis Grande do Mundo

7 Mar 2025

Cambre volverá a converterse na capital do Entroido ao longo da fin de semana. O concello continuará ostentando o título da man do seu Entroido Pequeno Máis Grande do Mundo, unha cita clave que terá lugar mañá, sábado 8 de marzo. O evento arrincará ao redor das 17.00 horas e incluirá desfile, concurso de disfraces, carrozas e comparsas e música a cargo de Los Sobraos e a súa tecno-rumba e da orquestra Fania Blanco Show.

O Entroido comezará ás 17.00 horas co desfile, que partirá desde as naves do polígono de Cela. A comitiva continuará o seu percorrido ata o núcleo urbano e coa amenización de Batucada Latexo.

Ao redor das 18.00 horas será a quenda do concurso de disfraces, comparsas e carrozas no que, tras a deliberación do xurado profesional, procederase á entrega de premios. A cita estará presentada por Juan Fernán e contará coa amenización de DJ José Underdub.

Ao redor das 21.30 horas, aproximadamente, subiranse ao escenario do Entroido Pequeno Los Sobraos e a orquestra Fania Blanco Show. Os horarios do evento son orientadores.

Enterro da Sardiña

O programa do Entroido concluirá o domingo, 9 de marzo, co Enterro da Sardiña. Ese día daráselle eterna sepultura ao Choqueiro, celebrando, para iso, un velorio no Campo da Feira, a partir das 12.00 horas. Ao remate, o boneco depositarase nun carro para levalo aos Muíños de Norgasa, onde se realizará o tradicional lanzamento do boneco ao río. O acto contará coa amenización musical a cargo da charanga Santa Compaña.

O Choqueiro (tamén coñecido como Meco) é un personaxe vinculado ás desviacións morais e ao que se lle atribuían cualificativos como os de lacazán ou lambón. De feito, coñéceselle pola súa debilidade pola comida ou polo diñeiro.

Tamén che pode interesar

“Cambre Escoita”

A Alcaldesa Impulsa a Participación Cidadá con Reunións Semanais Un diálogo aberto para construír un concello máis...

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.