Cambre saca a licitación a reforma integral de Fernando Buesa, na que se proxectan máis zonas verdes e novas gradas

15 Dec 2023

O Concello acaba de sacar a licitación do proxecto de reforma integral da praza Fernando Buesa. As obras, que saen a contratación por un valor estimado de 268.583 euros, servirán para potenciar e revitalizar esta praza, converténdoa nun novo punto de esparexemento e ocio no Temple. Para conseguir este obxectivo, o Concello actuará nunha superficie aproximada de 4.720 metros cadrados, moi similar á do parque Ramón Barba. Unha vez rematados estos traballos, o espazo será accesible, contará con máis áreas axardinadas e arborado, cun parque infantil ampliado e renovado e novas gradas.

Actualmente, a praza Fernando Buesa encóntrase nun estado aceptable de conservación. Non obstante, tanto o seu deseño como a súa configuración quedaron obsoletos. O proxecto municipal levarase a cabo en toda a superficie da praza, dando como resultado unha nova zona de ocio para a cidadanía. Estas actuacións buscarán un dobre obxectivo: por un lado, acondicionar o espazo priorizando a accesibilidade e a creación de máis servizos na praza. Polo outro, o Concello dará resposta ás demandas dos veciños e veciñas do Temple, incrementando as zonas verdes nesta parroquia, a máis poboada do municipio.

Os labores centraranse na mellora da accesibilidade e incluirán tamén a reubicación, ampliación e mellora do parque infantil existente na actualidade atendendo ás solicitudes dos propios veciños e veciñas. A maiores, crearanse servizos adicionais, aumentando así a oferta de usos en Fernando Buesa.

Aproveitando o desnivel e a incidencia do sol, a parte superior da praza contará con gradas que se poderán utilizar, non solo como punto de encontro e solárium, senón tamén para albergar espectáculos e funcións.

Actualización de prezos
O Concello xa sacou a licitación as obras en maio de 2022. Con todo, o proxecto quedou deserto debido aos sobrecostes nos prezos de materiais. Tendo en conta esta situación, o goberno local aprobou un suplemento de crédito para facer fronte a estos sobreprezos e actualizou o presuposto inicial.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.