Cambre saca a licitación o contrato para a produción do Entroido Pequeno por case 40.000 euros

7 Feb 2023

A xunta de goberno local aprobou o venres o expediente de contratación para a produción do Entroido Pequeno de Cambre, que se celebrará o sábado 25 de febreiro no Campo da Feira. O valor total do contrato ascende a 39.425,47 euros.

A empresa adxudicataria deberá realizar os servizos propios da produción do evento, incluíndo a contratación artística da Orquestra Fania Branco Show, As Supremas de Móstoles e DJ Underbud.

O contrato tamén contempla o alugueiro e montaxe de escenarios, estruturas de acceso, valado de seguridade, equipo de iluminación e servizos de asistencia técnica, entre outros.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.