Cambre saca a licitación o seu programa de comercio de Nadal, que inclúe poboado de Nadal e campaña de Rasca e gaña

16 Nov 2023

A xunta de goberno local aprobou, esta semana, a campaña de dinamización comercial de Nadal. O Concello sacou o contrato a licitación por un valor estimado de 52.000 euros e, en el, inclúense varios servizos: a instalación dun Poboado de Nadal no Temple no que se realizarían actividades de animación, a campaña de Rasca e gaña e la creación dunha nova páxina web para o XIV Concurso de Escaparates de Navidad, entre outros.

O edil de Desenvolvemento Socioeconómico, Diego Alcantarilla, sinalou que o obxectivo de todas estas propostas “é estimular o consumo nos comercios locais durante a época de Nadal”. Trátase dunha meta que se conseguirá, non só co Rasca e gaña e o Concurso de Escaparates, senon tamén co Poboado de Nadal, “que estará situado no Temple, unha das zonas nas que se concentra un maior número de establecementos comerciais”.

O contrato estructúrase en varios lotes. O primeiro inclúe a instalación e dinamización do poboado e a distribución de árbores de Nadal entre os establecementos que participen na campaña. O segundo está pensado para a subministración dos lotes de produtos de Nadal que se entregarán como premios no Rasca e gaña. O terceiro e último lote comprende a realización de tareas de sensibilización, prestación de apoio técnico aos establecementos participantes, seguimento da iniciativa, configuración e actualización da aplicación móbil Disfruta Cambre e a creación dunha web para o Concurso de Escaparates.

Poboado de Nadal

O Poboado de Nadal estaría composto por unha casa de Papá Noel, outra de actividades, outras construcións decorativas complementarias. Este recinto disporá dunha árbore central e doutros elementos de iluminación e decoración que permitirán ambientar a zona. Como nos últimos Nadais, o Concello organizará varias actividades de dinamización dirixidas aos nenos e nenas.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.