Cambre conmemorará o Día Mundial contra o Cancro cunha xornada chea de actividades. Desta forma, o sábado, 4 de...
Cambre vivirá a Open Science máis longa da súa historia, con tres días de actividade

Tamén che pode interesar
Adxudicada a ampliación do complejo deportivo da Barcala
A xunta de goberno local adxudicou, esta mañá, o proxecto de reforma e ampliación do complexo deportivo da Barcala. As...
Outra das novidades da quinta edición será a estrea das dúas novas codirectoras. Ana Rascado e Andrea Cadaveira foron as caras visibles en 2020 e 2021. As mozas pasan agora a testemuña a Moraima Núñez e Candela Mayer, que asumen o reto “cunha grande ilusión e coa confianza de que todo saia ben grazas ao equipo de voluntarios”. E é que, como vén sendo habitual, serán os propios alumnos do instituto cambrés os que conformen as distintas comisións do evento. Medio centenar de mozos e mozas de diferentes cursos académicos traballan, desde hai meses, para ultimar todos os detalles da cita.
As codirectoras sinalan que a de 2022 será unha feira “especial porque volveremos estar ca xente despois de dous anos de pandemia”. Desta forma, a Open Science recuperará o seu carácter internacional, volvendo acoller a estudantes de toda Galicia e España, así como de outros países como Italia, Albania e Ucraína, entre outros.
Programa de tres días
O primeiro día vivirase o venres, 16 de setembro, de 21.00 a 23.00 horas. A intención é que a xornada sirva como “primeira toma de contacto cos estudantes que veñen de fóra”. Para logralo, está prevista a celebración dun espectáculo nocturno.
Os dous días seguintes, 17 e 18 de setembro, o programa contará con talleres, presentación de proxectos escolares, entrega dos premios OSC 2022 e con postos de divulgación (dos estudantes e de institucións).