Cambre xa conta os días para a celebración da V Galaicoi, que terá lugar o 15, 16 e 17 de xullo

20 Xuñ 2022

Tras dous anos de parón pola emerxencia sanitaria, o concelleiro de Turismo e Patrimonio, Ramón Boga, sinala que a intención é que o evento “volva ao seu formato orixinal, ofrecendo, iso si, sorpresas especiais polo primeiro lustro de historia do evento”.

A menos dun mes vista da V Romaría Castrexo-Romana Galaicoi, o Concello de Cambre está a traballar xa para que a próxima edición sexa “memorable”. Así o confirma o edil de Turismo e Patrimonio, Ramón  Boga, que sinala a intención de que o evento “volva ao seu formato orixinal  despois de dous anos de pandemia, ofrecendo, iso si, sorpresas especiais coincidindo co primeiro lustro de historia do evento”.
O concelleiro sinala que se están ultimando todos os detalles da próxima cita, e avanza que a V  Galaicoi contará coas seguintes propostas: recreacións de batallas entre ambos os bandos (castrexos e romanos), talleres, mercado de artesanía, representacións teatrais, actividades, atraccións infantís e xogos tradicionais, espectáculos musicais, etc. Ao longo do próximo mes iranse desvelando todos os detalles da V  Galaicoi a través das redes sociais municipais (Facebook, Twitter e Instagram do  Concello de Cambre).
No 2020 levou a cabo unha  Galaicoi virtual, mentres que o ano pasado representáronse dúas funcións teatrais, unha traxedia e unha comedia.  Boga avanza que a intención é que Cambre “recupere este evento cuxo valor cultural, histórico e asociativo é indiscutible. A Galaicoi é unha celebración que naceu para recuperar e pór en valor parte da historia de Cambre, pero a presenza e implicación das asociacións é uns dos aspectos  máis importantes da cita”.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.