Cambre xa ten data para a segunda visita nocturna á igrexa de Santa María: será o 13 de diciembre

23 Nov 2023

Cambre celebrou onte a súa primeira visita guiada nocturna á igrexa de Santa María de Cambre, pero non a última. Ante o éxito de asistencia, o Concello organizará unha nova sesión idéntica o próximo 13 de decembro, tamén ás 20.30 horas. O concelleiro de Turismo e Patrimonio, Ramón Boga, agradece “o enorme interese que as persoas participantes amosaron ao longo de toda a actividade”, e confía en que a seguinte experiencia “acade tamén un bo número de inscritos”.

Na proposta de onte tomaron parte cerca dun centenar de veciños e veciñas. Ao longo da mesma, o grupo coñeceu tanto a parte exterior como a interior da igrexa. Valéndose dunha lanterna, o concelleiro foi guiando as miradas do público cara cada elemento desta construción, brindándolle, ademais, unha breve explicación de cada un.

Co fin de que estas visitas sigan sendo “instrutivas e de caldiade”, haberá  unha cota máxima de 60 persoas. As persoas interesadas terán que inscribirse chamando ao teléfono do museo (981 65 62 17) ou enviando un correo a museo@cambre.org 

A proposta está enmarcada dentro do programa As Noites do Museo e, con ela, búscase “desvelar os segredos dun dos maiores tesouros do noso municipio”, apunta Boga.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.