Cambre xa ten data para celebrar a XV Xuntanza do Maior: será o 21 de xaneiro

15 Nov 2023

A xunta de goberno local aprobou, esta semana, o expediente de contratación da XV Xuntanza do Maior de 2023. Este encontro terá lugar o 21 de xaneiro e, durante o mesmo, prevese reunir a 750 persoas maiores de 65 anos no pavillón dos Campóns.

O evento arrincará ás 13.00 e concluirá ás 20.30 horas. Nesta ocasión, o menú constaría de tres pratos: callos de primeiro, carne asada con patacas e guarnición, de segundo, e larpeira e queixo do país con marmelo de sobremesa. Con todo, ademais da comida, os comensais poderán gozar da actuación musical a cargo dunha orquestra. O importe total do contrato ascende a 36.545,49 euros.

A actividade está integrada dentro da programación anual dirixida a veciños e veciñas da terceira idade do municipio. Con esta oferta, búscase fomentar a participación e o encontro social entre este colectivo.

A concelleira de Benestar Social, Mary Mer Prieto, sinala a importancia desta cita “ineludible para as persoas máis maiores do municipio”. A edil apunta que a Xuntanza do Maior “serve como punto de confraternización para os veciños e veciñas de todas as parroquias”.

Este evento estaba previsto que se celebrase en outubro de 2023, pero a tramitación do expediente retrasouse, por diversos motivos, o que fixo que a data se haxa tido que pospoñer ata xaneiro do 2024.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.