Campamento urbano de verán

– ¿Que é?

Programa de conciliación da vida laboral e familiar onde se realizan actividades lúdico-deportivas e culturais relacionadas co Verán.

– Dirixido a:

Nenos/as do Concello de Cambre, de 2º ciclo de Educación Infantil, toda Educación  Primaria e 1º da ESO. Se hai prazas baleiras poderán solicitalo nenos/as doutros concellos.

– Requisitos:

Estar empadroado/a no Concello de Cambre e cumprir coa idade á que se fai referencia no apartado anterior.

– Prezo e reducións:

As taxas e os beneficios fiscais, son os contemplados  no acordo regulador vixente.

– Lugar da actividade:

Nun ou varios centros escolares de Cambre (segundo sexa necesario).

– Máis información:

Ademais da realización das actividades propias do programa, pódese solicitar calquera dos servizos complementarios de conciliación que amosamos a continuación:

– Servizo de transporte gratuito dos/das participantes con parada nos centros escolares de Cambre.

– Servizo de atención aos/ás participantes de 7:30 h a 9:30 h e servizo de almorzo.

– Servizo de comida de 13:30 h a 16:30 h, para quen o solicite.

– Prazo e forma de incrición:

O prazo comeza normalmente logo do periodo de vacacións escolares de Semana Santa..

A forma de inscrición: presentación da solicitude de inscrición será preferiblemente vía telemática a través da sede electrónica do Concello de Cambre.

Senon presentándoa físicamente en calquera dos rexistros de entrada municipais para o que deberá solicitar cita previa:

  • ou pola páxina web municipal.
  • ou chamando ao nº de teléfono 981 61 31 28
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.