Campaña da neve Deputación da Coruña 2025

18 Nov 2024

A Deputación da Coruña organiza a Campaña da neve 2025, que se realizará na estación invernal de Valgrande-Pajares (Asturias), para nenos e nenas empadroados nun concello da provincia da Coruña, de 11 a 15 anos inclusive cumpridos a 31 de decembro de 2024.

Ao Concello de Cambre correspóndenlle 12 prazas na primeira quenda, do 17 ao 20 de xaneiro de 2025. Os participantes gozarán de catro días con aloxamento e manutención, ademais de cursos de esquí na estación Valgrande-Pajares (Asturias).

Cada participante abonará unha cota de 85 euros.

As preinscricións entregaranse no rexistro municipal do Concello (cita previa) ou a través da Sede electrónica, do 8 de novembro ao 2 de decembro (ambos inclusive).

No caso de recibirse máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo público o 11 de decembro ás 12:00 horas no salón de plenos do Concello, no que terán preferencia os nenos e nenas que nunca asistisen a estas campañas.

Coa folla de inscrición débese achegar toda a documentación requirida, e unha vez realizado o sorteo, comunicarase ás persoas seleccionadas o número de conta para realizar o ingreso da cota.

Toda a información está dispoñible na páxina web da Deputación da Coruña: https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-neve/

Ficha de inscrición Campaña da neve 2025

Taboleiro

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.