O Concello de Cambre puxo en marcha unha campaña de Boas prácticas ambientais coa que busca concienciar aos centros de ensinanza, aos negocios e, en xeral, á cidadanía, sobre a necesidade de coidar e respectar do medio ambiente.
Como parte da iniciativa destaca a Rede Verde, aberta a todos os establecementos do municipio que desexen sumarse.
As empresas asentadas no municipio que estean interesadas en adherirse á rede poderán facelo enchendo un impreso de solicitude dispoñible na web. Así mesmo, deberán cubrir un cuestionario e asinar unha declaración responsable. Con este último documento, comprometeranse a aplicar, no seu día a día, rutinas que reduzan o impacto ambiental dos seus negocios. As firmas que se sumen á iniciativa recibirán un distintivo en vinilo para colocar nos seus negocios e terán difusión a través da web e das redes sociais municipais. Terán a posibilidade de gozar de iniciativas e campañas exclusiva, así como información e asesoramento gratuíto sobre axudas e subvencións ás que poden acceder como negocios sostibles.
Proceso para unirse á Rede Verde de Establecementos
Folleto informativo da Rede verde para negocios e consumidores
Distintivo da Rede Verde de Establecementos
Guía de Boas prácticas ambientais