Campaña para loitar contra a proliferación da procesionaria

O Concello de Cambre pon en marcha unha campaña para loitar contra a procesionaria do piñeiro (Thaumetopoea pityocampa). A iniciativa, promovida pola Concellería de Medio Ambiente e Mobilidade en colaboración coa empresa Orto, inclúe a instalación de trampas nos puntos de maior incidencia do municipio e a colocación de carteis informativos.

Tanto as trampas como os letreiros informativos están colocados na contorna da unitaria de Pravio e a urbanización A Barcala. Estes son os dous puntos onde se rexistrou unha maior presenza desta especie.

A trampa está conformada por unha franxa de escuma cun buraco, así como por unha bolsa colocada ao redor das árbores. A través deste mecanismo, 100% sostible, cando as eirugas descenden polo tronco quedan atrapadas nos sacos, evitando así a súa proliferación.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.