As casas de xuventude de Cambre son uns lugares de encontro abertos á mocidade onde podes atopar un espazo ideal para a participación, a información, a aprendizaxe e a socialización a través de accións de lecer e o tempo libre.
As Casas ofrecen un marco seguro e saudable onde desenvolver proxectos individuais ou colectivos contando co apoio, asesoramento e/ou guiado de profesionais con formación e habilidades específicas en xuventude.
As casas adoitan ser o espazo onde se realiza o primeiro contacto entre a mocidade e a Administración; isto é unha boa oportunidade para se coñecer e establecer as primeiras canles de comunicación.
Cada unha das Casas conta con tres espazos claramente diferenciados:
– Servizo de información Xuvenil; a OMIX* (en Casa Arrigada) e o PIX** (en Casa Palmeiras)
- Información xuvenil en xeral
- Taboleiros de autoconsulta
- Activación carné xove
- Tarxetom
- Asesoramento para asociacionismo xuvenil
- Wifi aberto
- Ordenadores de uso público para a mocidade
* OMIX: Oficina Municipal de Información Xuvenil
** PIX: Punto (Municipal) de Información Xuvenil
– Sala de xuntas; espazo de reunión para pequenas xuntanzas
- Espazo para xuntanzas e encontros de entidades ou grupos xuvenís informais
- Posibilidade de uso como zona de estudio en épocas de exames
- Zona de obradoiros
– Espazo xuvenil; punto de encontro para mocidade
- Espazo para quedar con teus amigos/as e/ou coñecer xente da túa idade
- Futbolín
- Tenis de mesa
- Tv Pantalla grande
- Espazo para actividades xuvenís
- Xogos
Cambre conta con dúas casas de xuventude. Hai unha na vila de Cambre (fronte á estación do tren), a 800 mts da casa do concello, en dirección Sigrás. A outra casa está no Temple, no paseo maritimo (diante da rotonda que da acceso á autopista AP-9), ao lado da gran marquesina – parada de autobús. Ambas Casas están atendidas por persoal cualificado en materia xuvenil.
As persoas destinatarias das casas son mocidade entre os 12 e os 30 anos.
CASA DAS PALMERAS
DIRECCIÓN:Cuesta de la Tapia, 1 (Paseo Marítimo) – EL TEMPLE – 15679 – Cambre (A Coruña)
TLF E MAIL DE CONTACTO 981612103 xuventude@cambre.org omix@cambre.org
OUTROS MEDIOS DE CONTACTO APP:

CASA DA ARRIGADA
DIRECCIÓN: Estrada Estación, 52, 15660 Cambre, A Coruña
TELEFONO E MAIL: 981 61 31 70 xuventude@cambre.org
