O Concello publicou hoxe a programación completa do evento, que terá lugar os días 15, 16 e 17 de xullo en Cambre.

O Concello de Cambre publicou hoxe o programa completo da quinta edición dunha das súas citas grandes: a Romaría Castrexo-Romana Galaicoi, que se celebrará o 15, 16 e 17 de xullo no castro de Cambre.

O programa arrincará o venres, 15 de xullo, ás 17:00 horas, coa asemblea dos clans. Esta actividade dará paso ao comezo das hostilidades entre castrexos e romanos. Desde ese momento e ata o final, os bandos enfrontados encerellaranse en múltiples batallas ata que o domingo, 17 de xullo, asinen o tratado de paz. O programa da romaría incluirá mercado, talleres, guerras e escaramuzas, desfiles, pasacalles e actividades de animación musical, representacións teatrais, etc.

Novidades desta edición

Este ano, incorporáronse dúas importantes novidades con respecto ás pasadas edicións: a organización de sesións vermú e de verbenas, o Campionato Castrexo para nenos e nenas e os II Xogos Olímpicos Castrexos, cuxas probas se sucederán ao longo de toda a programación.

No que a música refírese, a primeira actuación terá lugar o venres, 15 de xullo ás 23.00 horas, a cargo da Marabela de Cecebre. Ao día seguinte, sábado día 16, A Esmorga de Bribes amenizará a sesión vermú a partir das 15.00 horas. Ese mesmo día, ás 23.00 horas, a charanga Festicultores Troupe fará as delicias do público asistente. A última actuación musical no castro será o domingo, 17 de xullo, ás 14.00 horas coa charanga O Rumbo do Sardiñeiro-Fisterra.

Maior presenza de asociacións

No que ao tecido asociativo refírese, a V Galaicoi fixo historia. Tanto así, que na quinta edición contarán con cabanas no castro 24 entidades de todo o termo municipal e outros 14 particulares. Con todo, a romaría no castro estará aberta a todas as persoas que desexen sumarse.

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.