Castrexos e romanos depoñen as armas e selan un acordo de paz na VII Galaicoi

21 Xul 2024

Tras tres días de loita entre castrexos e romanos, os dous bandos enfrontados na VII Galaicoi decidiron depoñer as armas e selar un acordo de paz. Tras disputar a batalla final, os xefes de ambos os clans acordaron asinar a Tessera Hospitalis como mostra da paz que reinará en Cambre ata, polo menos, o próximo ano. O acordo chegou tras unha encarnizada contenda final na zona do castro na que os guerreiros de ambas as faccións deixaron a pel.

Este acto foi o broche de ouro do programa da sétima Galaicoi, na que o Concello asinou un auténtico éxito en cifras de asistencia ao longo das tres xornadas. A programación deste ano incluíu un concerto a cargo do grupo Pelepau, representacións teatrais por parte da compañía Noite Bohemia, recreacións de batallas, showcookings de pratos típicos da época, desfiles, talleres de oficios tradicionais e mercado con preto de 50 postos.

A VII Galaicoi contou, ademais, cunha ampla representación por parte do tecido asociativo. Foron máis de 20 as asociacións veciñais, culturais e deportivas de Cambre que ocuparon as cabanas castrexas. As entidades avivaron a cita ao longo de toda a fin de semana, facendo comidas, bailes e tocando música. É dicir, convertendo o castro nunha romaría tradicional.

O concelleiro da Axencia de Desenvolvemento Socioeconómico, Turismo e Patrimonio, Ramón Boga, incidiu en que o gran ambiente da fin de semana deixa claro que a Galaicoi é “unha cita cun gran arraigamento para a veciñanza”. Boga apunta que, ademais do valor histórico e a posta en valor do patrimonio, “a Galaicoi é unha romaría que reúne a un cada vez máis veciños e veciñas de todo o municipio que se unen para lembrar a historia de Cambre e, sobre todo, para pasalo ben”.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.