Pasou xa un día desde o inicio das hostilidades entre castrexos e romanos pero, ata o de agora, ningún bando se posicionou como claro vencedor da contenda. Esta mañá, a zona do antecastro acolleu unha nova escaramuza entre as dúas faccións. Ás 19.00 horas, terá lugar o asedio e asalto ao castro.
A maiores, as persoas que se acheguen ata Cambre ao longo do día poderán gozar dun mercado galaico-romano composto por preto de 50 postos, talleres de oficios tradicionais, música e teatro da man da compañía Noite Bohemia.
Batalla final
Cambre acollerá mañá, domingo 16 de xullo, a batalla final entre ambos os bandos. Esta terá lugar ás 19.00 horas e ás 19.45 horas levará a cabo a firma da paz.
Diana Piñeiro destaca a colaboración entre administracións como clave para mellorar a AC-214 ao seu paso por Cambre
A alcaldesa acompañou hoxe á conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, e á...
