Castrexos e romanos resolven as súas diferenzas e selan un acordo de paz na VI Galaicoi

16 Xul 2023

Tras incontables batallas e escaramuzas, os castrexos e os romanos lograron resolver as súas diferenzas e pór fin á guerra nesta VI Galaicoi. Tras disputar a batalla final, os xefes de ambos os clans acordaron asinar a Tessera Hospitalis como mostra da paz que reinará en Cambre ata, polo menos, o próximo ano. O acordo chegou tras unha encarnizada batalla final na zona do castro na que os dous bandos se deixaron a pel. Este acto foi o broche de ouro do programa da sexta Galaicoi, na que o Concello asinou un auténtico éxito en cifras de asistencia ao longo das tres xornadas. A programación deste ano incluíu un concerto a cargo de Festicultores Troupe, representacións teatrais por parte da compañía Noite Bohemia, recreacións de batallas, showcookings de pratos típicos da época, desfiles, talleres de oficios tradicionais e mercado con preto de 50 postos. A VI Galaicoi contou, ademais, cunha ampla representación por parte do tecido asociativo. En total, foron 23 as asociacións veciñais, culturais e deportivas de Cambre que ocuparon as cabanas castrexas. As entidades avivaron a cita ao longo de toda a fin de semana, facendo comidas, bailes e tocando música. É dicir, convertendo o castro nunha romaría tradicional. O concelleiro de Turismo e Patrimonio, Ramón Boga, incidiu en que o gran ambiente da fin de semana deixa claro que a Galaicoi é “unha cita cun gran arraigamento para a veciñanza”. Boga apunta que, ademais do valor histórico e a posta en valor do patrimonio, “a Galaicoi é unha romaría que reúne a cada vez máis veciños e veciñas de todo o municipio que se unen para lembrar a historia de Cambre e, sobre todo, para pasalo ben”.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.