Catro estudantes francesas pasarán un mes no IES David Buján como parte dun proxecto de intercambio de longa duración

28 Mai 2024

As clases de 4º de ESO do IES David Buján contarán, ata final de curso, con catro novas alumnas. A través dun programa de intercambio de longa duración dentro do Erasmus+, as mozas chegaron a Cambre o pasado 21 de maio e concluirán o curso escolar no centro cambrés, onde cursarán todas as materias do programa lectivo -agás galego-. As mozas son naturais de Menton, un pequeno pobo da Costa Azul de Francia, e estudan no Institution Saint Joseph de Roquebrune Cap-Martin.

A iniciativa non concluirá aí, senón que no mes de setembro, catro alumnas do David Buján farán o propio e viaxarán ata o centro de ensino de Francia, iniciando o novo ano académico no país galo. De igual forma, as mozas realizarán unha estancia dun mes, regresando no mes de outubro.

Tamén che pode interesar