Catro voces femininas falarán sobre rock e xénero como parte do XXX Rock in Cambre

8 Ago 2022

 O debate será o xoves, 11 de agosto, ás 19.30 horas no centro sociocultural da Barcala.

A maiores, o Concello organiza taller de customización de camisetas impartido por Rocío Mañá Bouzón. Será tamén o xoves, de 18.00 a 19.30 horas, na aula de costura da urbanización A Barcala.

A presenza da muller no panorama musical, en xeral, e no rock, en particular. Eses serán dous dos temas que se falarán no debate que o Concello organiza dentro do programa de actividades do XXX Rock in Cambre. A proposta levarase a cabo este xoves, 11 de agosto, ás 19.30 horas no centro sociocultural da Barcala.

O debate estará moderado pola experta en igualdade, Cristina Bajo Enríquez e, no mesmo, intervirán as seguintes mulleres referentes dentro do sector: a cantante e empresaria, Iria Mejuto Buceta, a técnica de son e baterista, Helena Barreiro del Río e a técnica de son e de escenario, Julia Hortas Torrón.

A maiores, en colaboración coa Asociación de Veciños A Unión de Brexo-Lema, o Concello organizará un taller de customización de camisetas que impartirá Rocío Mañá Bouzón. A actividade está dirixida a nenos e nenas a partir dos 10 anos e, con ela, búscase que poidan preparar os seus mellores galas para o inicio do propio festival. Ao longo da iniciativa practicaranse técnicas como o tie dye ou o estampado, entre outras. O taller terá lugar o xoves, día 11, de 18.00 a 19.30 horas na aula de costura da urbanización A Barcala. As prazas son limitadas, polo que as persoas interesadas deberán reservar a súa chamando ao teléfono 981 65 62 17.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.