César de Centi contará e cantará varios capítulos da historia cun concerto no Museo

17 Abr 2024

Como parte do programa municipal As noites do museo, o cantautor coruñés César de Centi dará un concerto no Museo Arqueolóxico de Cambre. Baixo o título Historias con canción, cancións con historia, o autor interpretará diferentes temas cun nexo en común: que todos eles son facilmente recoñecibles e narran capítulos da historia de España e doutros países. O recital terá lugar o xoves, 25 de abril, ás 20.30 horas.

Ademais da propia música, cada unha das pezas interpretadas por de Centi virá precedida por unha pequena introdución histórica. Despois do relato, o autor dará a coñecer as súas versións de clásicos como, por exemplo, o Bella Ciao.

O concelleiro, Ramón Boga, explica que o recital forma parte do proxecto As noites do museo, co que se busca ofrecer aos veciños e veciñas actividades que lles permitan ter “unha aproximación distinta da historia e do patrimonio tanto de Cambre como de Galicia”. Como parte desta iniciativa leváronse a cabo dúas visitas nocturnas guiadas á igrexa de Santa María de Cambre e unha charla sobre o Samaín a cargo do historiador Tito Concheiro.

O aforo para o concerto do xoves é limitado, polo que as persoas interesadas deberán retirar as súas entradas previamente. Poderán facelo a partir do luns, 22 de abril, no Museo Arqueolóxico de Cambre.

Tamén che pode interesar

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.